Mostrando entradas con la etiqueta literatura galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura galega. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de septiembre de 2015

"Reivindicación do país": Provincialismo, Rexionalismo e Irmandades da Fala.

     Comezamos un novo curso no último ano que existen os programas de PDC e coa LOMCE. 
     Insertamos un capítulo de Historias Galicia co que traballaremos a comprensión oral en galego. Na terceira parte do documental, na "Reivindicación do país", fálase como Galicia carecía de poder, dunha clase dirixente de seu e duns mitos que sustentasen a súa identidade. A partir do minuto 19:00 imos tentar completar as seguintes ideas:

  1. Os provincialistas defendían...
  2. O Rexionalismo consideraba que Galicia tiña dereito a...
  3. Castelao afirma que nas Irmandades da Fala se proclama a idea de que Galicia ten o dereito de ser...
  4. O Partido galeguista reclamaba...
  5. O que Castelao opina sobre os caciques é...
  6. Alexandre Bóveda foi...


 

miércoles, 26 de febrero de 2014

Na mente dun personaxe da novela O lapis do carpinteiro.

Na mente dun personaxe do lapis do carpinteiro on PhotoPeach

Para hacer una presentación con vídeo y música sigue estos pasos:
  1. Date de alta en PhotoPeach: necesitas tus datos personales, un correo electrónico y una contraseña que deberás recordar o apuntar.
  2. Busca la música que más te guste para la presentación en Youtube.
  3. Elige un poema de los autores de la Generación del 27 que te guste y entiendas (si no pregunta). +Poemas1. +Poemas2. Si es muy largo puede ser un trozo.
  4. Descárgate las fotos (personales o de internet) que tú quieras en una carpeta creada para tal efecto. Pueden tener relación con el poema o no.
  5. Entra en PhotoPeach: sube las fotos, enlaza la música y pega el texto sobre las imágenes en orden.
  6. Importante: el título de la presentación ha de estar relacionado con el contenido del poema, las fotos, la emoción o idea que deseas transmitir.
  7. No olvides citar el nombre del autor del poema y su título.

martes, 14 de enero de 2014

A literatura galega dende 1900 ata 1936: o Grupo Nós, as Irmandades da Fala, Cabanillas, Vicente Risco e Otero Pedrayo

  Realiza un artigo no teu blog co título A literatura galega dende 1900 ata 1936 no que fales dos seguintes temas:
  • As Irmandades da Fala,
  • O Partido Galeguista,
  • O Estatuto de Autonomía,
  • Ramón Cabanillas (texto),
  • Vicente Risco (texto),
  • Otero Pedrayo (texto),
    Conclúe o teu escrito opinando por que che parece importante o labor destes intelectuais, que era e en que acabou finalmente o Estatuto de Autonomía.

   Inclúe un fragmento dun texto de cada autor dicindo de que trata. O podes pór en relación coa obra á que pertence.

   Importante!: para a avaliación do artigo (sumara dous puntos para o exame) terase en conta que fale de tódolos puntos, especialmente dos textos, que non predomine o copia e pega e a corrección expresiva consistente nos aspectos recollidos neste documento
   Entra neste foro para plantear dúbidas e a túa opinión sobre o exercicio.

martes, 10 de diciembre de 2013

Castelao

     Escribe un artigo xornalístico sobre o escritor galego Castelao. Terás que falar da súa vida e obra: títulos das creacións literarias máis importantes, de que tratan, xéneros cultivados... e significación deste intelectual para a cultura galega. Non esquezas incluir imaxes e algún dos seus debuxos explicando que tipo de crítica realiza con el.
     Para rematar, elixe un texto de Cousas, pégao, di de que trata e que reflexión te inspira.

lunes, 13 de mayo de 2013

Séculos Escuros. Prerrexurdimento. Rexurdimento.

          A literatura en galego estivo un tempo morta, durante os chamados Séculos Escuros. Houbo que esperar ó século XIX a que algúns autores e autoras do Pre e do Rexurdimento lle volveran a dar vida. Aí vai máis información sobre as diferentes épocas e autores:

- Os Séculos Escuros+Info +Info
Feijoo e Sarmiento.  +Info
- O Prerrexurdimento: Pintos e Añón.  +Info
- O Rexurdimento: contexto socio-histórico+Info
Rosalía de Castro: vida. +Info
Rosalía de Castro: obra+Info
Curros Enríquez+Info
Eduardo Pondal+Info

jueves, 24 de enero de 2013

A literatura da Idade Media en Galicia


Completa o seguinte texto no teu blog coa información obtida da presentación e dos diversos enlaces. Lembra empregar outra cor para escribir as túas respostas:

(Exame sobre a Idade Media para imprimir):

En Galicia e Portugal, durante os séculos XIII, XIV e XV, aínda imperaba o sistema feudal no cal a n______  posuía tódalas t________ que alugaba ós servos ou campesiños. Os nobres exercían un control p_______ e a Igrexa un control i__________ sobre os servos ou campesiñado. As clases privilexiadas cobraban foros ou impostos ós c__________ polo uso ou cultivo das terras e pola protección que lles prestaban no castelo cando a vila era atacada. 

No século X comeza no Norte da Península a Reconquista dos territorios dominados polos m______ que remata no século XV coa conquista de Granada. Os exércitos dos nobres foron os encargados da loita. Co avance da Reconquista a nobreza comeza a ter menos traballo e máis tempo de lecer polo que xa non se dedica tanto actividades guerreiras senón a cultivar diversas artes na corte como a poesía. O fluxo de persoas que trae o Camiño de Santiago trae unha nova moda de Francia que é un tipo de poesía que fala do amor c______.

As cantigas en galego-portugués máis antigas que se conservan datan do século ______ e eran recitadas e compostas polos t_______ que eran _______. Diferenciábanse dos xograres en que ______. Os músicos eran chamados m_______. As soldadeiras eran ______. 

As cantigas poden ser de tres tipos. As de Cantigas de amor diferéncianse das de amigo en que nas primeiras ______ mentres que nas segundas ______. O espazo no que se desenvolven as Cantigas de amigo adoita ser _____ mentres que as de amor ______.

Os temas que tratan as Cantigas de escarnio e maldicir son: _____. Outros xéneros menores son: a tenzó que consiste en ____, a pastorela que é ______, o pranto que trata de _____ e as albas ou alboradas que tratan de _____.

Un dos trobadores máis destacados é _______ (elixe un) autor da seguinte composición (busca unha das súas cantigas e pégaa no blog) que trata de ______.

Cando a nobreza galega é substituída pola castelá o uso escrito do galego entra en decadencia: comezan os chamados Séculos E_____. As causas da perda de poder da nobreza galega foron _______ . A miña opinión con respecto a isto é ______.

En definitiva, a literatura da Idade Media _____ (invento unha conclusión repetindo algunhas ideas).

miércoles, 30 de noviembre de 2011

as Vangardas: Álvaro Cunqueiro

Coñécese coma poesía de vangarda aquela que se deu no primeiro terzo do século XX, e que se caracteriza por unha ruptura formal e temática co estilo precedente. Insírese nun contexto de renovación artística en todos os eidos, e de fondas transformacións sociais, políticas e económicas.


MANUEL ANTONIO (presentación)

Caracterizouse polo seu anticonformismo, radicalismo político e monolingüismo.

Firmou o manifesto Máis Alá que trata sobre un chamamento á mocidade intelectual galega, desde a rebeldía contra os vellos.

Se ataca ós precursores. Renégase a imitación, propúgnase o monolingüismo e a ruptura coa liña literaria anterior.

A súa obra poética:

1ª etapa: interiorización das vangardas e 1º anos de aprendizaxe literaria. "Con anacos do meu interior", "Foulas", "Sempre e mais dispois";
2ª etapa: vangardista. Publica o único poemario: "De catro a catro". Os poemas constrúense como unha sucesión de imaxes impactantes; (enlace aos poemas comentados)
3ª etapa: constituída por "Viladomar". Reencóntrase coas imaxes popularizantes.

ÁLVARO CUNQUEIRO: (documental)

Xunto con Manuel Antonio é o introductor das vangardas en Galicia. O seu 1º poemario é "Mar ao Norde" en 1932, onde introduce elementos futuristas. En 1933 publica "Poemas do si e do non" onde atopamos influencias do surrealismo. (Presentación sobre Cunqueiro)

TENDENCIA HILOZISTA: LUIS AMADO CARBALLO: "Proel" e "O galo". Proel é o libro fundacional do hilozoísmo. Textos curtos nos que a paisaxe recobra a súa dimensión plástica. Os elementos naturais aparecen personificados.

TENDENCIA NEOTROBADORISTA: corrente literaria que recorre ás cantigas para recrealas. Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro son o máximos representantes. 



Unidade didáctica.
Textos.