Mostrando entradas con la etiqueta Idade Media. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Idade Media. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de enero de 2017

Viaxando no tempo: Estamentos ou grupos sociais na Idade Media

1. Imaxina que vives na Idade Media (século X). 

2. A que estamento ou grupo social pertencerías? 

3. Para saber cales había e así poder elixir entra neste enlace pulsando aquí

4. Despois de ler como era a vida de cada grupo social según o seu estamento redacta un texto en primeira persoa no que contes como é a túa vida dende que naces ata que morres (20 liñas e tres parágrafos mínimo).

5. É moi probable que vivas nun castelo ou preto del no feudo dun señor. Para saber como era a vida nun castelo preme aquí. Para saber como era a vida nun feudo preme aquí.

6. Se es monxe ou abade e vives nun mosteiro preme aquí para ver como era a súa vida.