Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
lunes, 3 de octubre de 2022
lunes, 18 de diciembre de 2017
Traballamos o léxico en galego: artigo de opinión.
- Lee o artigo.
- Pégao no teu blog.
- Suliña as palabras que non entendas.
- Búscaas no dicionario de galego que está neste enlace.
- Pega a táboa no teu blog e complétaa coas palabras e as definicións.
- Une as palabras que estean relacionadas.
- Inventa unha oración con cada palabra.
- Explica que consello nos quere dar a autora do artigo.
Un sapoconcho non é unha tartaruga. Como unha bategada non é unha orballada, nin unha treboada é unha sarabiada, aínda que poden vir xuntas. Ou chover separadas. E aínda que este ano é máis de brétema que de ballón, e si, falta fai unha pouca máis de auga, neste recuncho do mundo non esquecemos que un dos grandes praceres desta vida é poder quedar na casa cando vén a lostregada.
Mirar as pingas do outro lado do vidro, cunha cunca de leite morno e algunha galleta na man. Estar ao quentiño mentres alampa na rúa e por unhas horas vivir amodo, acochados na casa, a carón da xanela, acubillados na manta. Pero a vida. A que tira por nós con cada abrente, a cada alborada.
E poñer a chaqueta, atar os zapatos, agarrar o paraugas. E saír a rúa dando alancadas. Rosmar todo o camiño que ¡boh! Quen puidera quedar na cama. E de volta, pasar pola praza. Mercar un bertóns, que co frío que vai, quentan o corpo e danlle ledicia á alma. Facer o xantar mentres a radio canta. E escoitar as noticias como se viñesen doutros mundos, de terras tan afastadas...
O mesmo retrouso todos os días, as mesmas desgrazas. E despois, saír á rúa, porque chove, claro, pero unha é ben testana. Camiñar devagar polas rúas empedradas. Avanzar engorde, sen présa, paseniño, con calma.
E que un rapaz de Teo teña que dicir sapoconcho na tele para que este país gabe a súa lingua. Que é fermosa. E que, sobre todo, hai que falala.
Enlace ó artigo TAMARA MONTERO na Voz de Galicia.
Vocabulario
|
Significado
|
Oración
|
Exercicios de gramática do galego
1. Entra neste enlace.
2. Fai os exercicios.
3. Copia a seguinte táboa no teu blog.
4. Sinala nela os exercicios que remataches e o que se aprende cando os fas.
Táboa para pegar no blog.
2. Fai os exercicios.
3. Copia a seguinte táboa no teu blog.
4. Sinala nela os exercicios que remataches e o que se aprende cando os fas.
Táboa para pegar no blog.
Título do exercicio
|
Que aprendín?
|
O que non entendín foi?
|
viernes, 9 de diciembre de 2016
lunes, 16 de septiembre de 2013
jueves, 9 de febrero de 2012
jueves, 8 de diciembre de 2011
miércoles, 30 de noviembre de 2011
O leonés
Que linguas se comparan?
En que se parecen?
En que se diferencian?
En que se diferencia unha lingua dunha fala?
Que quere dicir "estar en Babia"? De onde procede a expresión? Que expresións propiamente galegas queren dicir o mesmo?
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Oracións para acentuar
Copia no teu blog as seguintes oracións e pon o acento onde corresponda.
Cando remates, a profesora indicarache como facer a autocorrección.
Finalmente, sinala en vermello os erros e fai unha oración con cada un deles.
Ante as dúbidas podes entrar no dicionario da Xunta o no dicionario da editorial Ir indo que está moito máis actualizado pero no que te tes que dar de alta cun usuario e cun contrasinal.
- Na rua onde vivia miña tia habia un baul que so se via de dia, ainda que de noite saia a lua e o iluminaba.
- Colleu a agulla, pinchou o dedo, botou sangue e pediu auxilio. Tomei unha gasa e non me serviu, collin unha toalla e puxenlla.
- Dixo el que hoxe a tarde e o mellor dia para ir aos cogomelos e as castañas.
- No tempo dos apostolos habia uns homes moi barbaros que subian as arbores e comian os pexegos.
- A avoa colleu o fio e pediu a agulla para ir coser ao seu cuarto.
- Helena toca a harmonica na horta mentres Henrique varre coa vasoira.
- O exterior esquerdo do Marin e estranxeiro, mais xoga mais e mellor que os de aqui.
- Nos somos asi; ainda que nos ofrecian alguns cartos, negamonos a sair pola television.
- Xamais pensei en Elias, el non e o rei do xogo. Todos os anos o botan dos equipos nos que xoga.
- Non esaxero se digo que e estraño ser bilingüe aqui, ainda que hai alguns que o son.
- O avogado recibiu o acusado na rua e colleu un taxi vermello.
- Ai habia uns homes moi divertidos que partian ovos coas balas de pistola que atoparon nun oco da parede.
- Para cumprir as nosas leis, traian os papeis traducidos a nosa lingua e asi xamais entraban no carcere.
- Vos vivistes nun pais que trataba ben as mulleres. Ali nunca houbo discriminacion sexual.
- As catro da tarde, as duas irmas decidiron ir a casa da avoa levarlle a tarta que compraran.
- Compre falar co teu curman Brais para convencelo de que compre aquel boneco e llo dea a Laura.
- Dalle as grazas a esa amiga da tua nai; porque se non llas das, vouche tirar das orellas.
- Ten do de min e mais do teu amigo, que non quixemos ofenderte.
- Estou convencido de que e dificil aprendelo e ainda mais lembralo despois, mais farei un esforzo por intentalo.
- Como lle fagas o no a gravata tan apertado, non poderas abotoar a camisa no pescozo.
- Nos sabemos que nos bosques hai moitos animais descoñecidos, mais nunca nos levaron a eles para que os puidesemos ver no seu habitat.
- Sabedes o que hai que facer para por un libro sobre aquela mesa? Entrar pola porta, pasar por todo o cuarto e procurar non topar coa cadeira que esta ao lado dela.
- Dime dunha vez se ves ao cine ou non ves. Eu penso que debes vir, non ves que se non, non teras outra oportunidade de ver esa pelicula?
- Mirade, o rapaz do que falamos ven entre todos aqueles que levan gafas porque non ven ben e el e o que menos ve.
- Xa vos dixen que nunca o virades, agora que se vos insistides en que o coñecedes, sera certo.
jueves, 27 de octubre de 2011
Samaín

Chega o Samaín! Imos ambientalo cunha música de medo.
Empezamos lendo un pouco sobre a orixe desta festa entrando en Vieiros.
Despois imos facer este exercicio LIM.
Agora imos ler o comezo dun conto de medo (ti terás que rematalo e improvisar os seus sons) de Anxel Fole, que se titula Viña do alén.
martes, 25 de octubre de 2011
Historia da lingua galega
Imos comezar lendo un divertido libro sobre a historia da lingua galega.
E despois:
- facer o resumo (sen copiar e pegar) no teu blog
- empregar conxuncións para enlazar as ideas do teu texo
- dividilo en apartados pondo subtítulos (cunha cor de letra diferente)
- incluir algunhas imaxes relacionadas co contido
- rematar cunha conclusión na deberás responder á seguinte pregunta:
Que época me parece máis interesante, en que destaca e por que creo que podería estar ben ter vivido nela?
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

