miércoles, 30 de noviembre de 2011

as Vangardas: Álvaro Cunqueiro

Coñécese coma poesía de vangarda aquela que se deu no primeiro terzo do século XX, e que se caracteriza por unha ruptura formal e temática co estilo precedente. Insírese nun contexto de renovación artística en todos os eidos, e de fondas transformacións sociais, políticas e económicas.


MANUEL ANTONIO (presentación)

Caracterizouse polo seu anticonformismo, radicalismo político e monolingüismo.

Firmou o manifesto Máis Alá que trata sobre un chamamento á mocidade intelectual galega, desde a rebeldía contra os vellos.

Se ataca ós precursores. Renégase a imitación, propúgnase o monolingüismo e a ruptura coa liña literaria anterior.

A súa obra poética:

1ª etapa: interiorización das vangardas e 1º anos de aprendizaxe literaria. "Con anacos do meu interior", "Foulas", "Sempre e mais dispois";
2ª etapa: vangardista. Publica o único poemario: "De catro a catro". Os poemas constrúense como unha sucesión de imaxes impactantes; (enlace aos poemas comentados)
3ª etapa: constituída por "Viladomar". Reencóntrase coas imaxes popularizantes.

ÁLVARO CUNQUEIRO: (documental)

Xunto con Manuel Antonio é o introductor das vangardas en Galicia. O seu 1º poemario é "Mar ao Norde" en 1932, onde introduce elementos futuristas. En 1933 publica "Poemas do si e do non" onde atopamos influencias do surrealismo. (Presentación sobre Cunqueiro)

TENDENCIA HILOZISTA: LUIS AMADO CARBALLO: "Proel" e "O galo". Proel é o libro fundacional do hilozoísmo. Textos curtos nos que a paisaxe recobra a súa dimensión plástica. Os elementos naturais aparecen personificados.

TENDENCIA NEOTROBADORISTA: corrente literaria que recorre ás cantigas para recrealas. Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro son o máximos representantes. 



Unidade didáctica.
Textos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.