- Lee o artigo.
- Pégao no teu blog.
- Suliña as palabras que non entendas.
- Búscaas no dicionario de galego que está neste enlace.
- Pega a táboa no teu blog e complétaa coas palabras e as definicións.
- Une as palabras que estean relacionadas.
- Inventa unha oración con cada palabra.
- Explica que consello nos quere dar a autora do artigo.
Un sapoconcho non é unha tartaruga. Como unha bategada non é unha orballada, nin unha treboada é unha sarabiada, aínda que poden vir xuntas. Ou chover separadas. E aínda que este ano é máis de brétema que de ballón, e si, falta fai unha pouca máis de auga, neste recuncho do mundo non esquecemos que un dos grandes praceres desta vida é poder quedar na casa cando vén a lostregada.
Mirar as pingas do outro lado do vidro, cunha cunca de leite morno e algunha galleta na man. Estar ao quentiño mentres alampa na rúa e por unhas horas vivir amodo, acochados na casa, a carón da xanela, acubillados na manta. Pero a vida. A que tira por nós con cada abrente, a cada alborada.
E poñer a chaqueta, atar os zapatos, agarrar o paraugas. E saír a rúa dando alancadas. Rosmar todo o camiño que ¡boh! Quen puidera quedar na cama. E de volta, pasar pola praza. Mercar un bertóns, que co frío que vai, quentan o corpo e danlle ledicia á alma. Facer o xantar mentres a radio canta. E escoitar as noticias como se viñesen doutros mundos, de terras tan afastadas...
O mesmo retrouso todos os días, as mesmas desgrazas. E despois, saír á rúa, porque chove, claro, pero unha é ben testana. Camiñar devagar polas rúas empedradas. Avanzar engorde, sen présa, paseniño, con calma.
E que un rapaz de Teo teña que dicir sapoconcho na tele para que este país gabe a súa lingua. Que é fermosa. E que, sobre todo, hai que falala.
Enlace ó artigo TAMARA MONTERO na Voz de Galicia.
Vocabulario
|
Significado
|
Oración
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.