martes, 27 de octubre de 2015

Titoría: debate sobre tranxénicos.

     Esta actividade é ideal para traballar o debate, profundar sobre o tema dos transxénicos en clase o facer reflexionar ó alumnado sobre como as empresas o institucións manipulan a información que lle chega ó/á consumidor/a en función dos seus intereses. Combínase unha primeira parte de investigación con outra de exposición-argumentación.

     A situación que se plantea ó grupo é a seguinte:

     No noso país temos que decidir se permitimos ou non que unha empresa relacionada cos produtos transxénicos se implante na zona. 

     Hai xente a favor e en contra por diversos motivos. Todos/as teremos o noso turno para tentar convencer ós demais da nosa postura pero antes necesitamos informarnos

     Escolle un dos seguintes papeis, entra no enlace para informarte da súa postura e logo planifica que vas a dicir na túa intervención para convencer ós demais.


   IMPORTANTE:
  • Non podes ler
  • Resume
  • Linguaxe clara e comprensible: se non te entenden, non convences. 
  • Capta a atención do público: mirándoo directamente, cos teus xestos, pondo exemplos ou contando anécdotas.
Participantes na reunión:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.