Hoxe imos falar sobre o consumo de alcol por parte dos/as adolescentes. Comezamos cun vídeo introductorio sobre os/as adolescentes e o alcol:
1. Describe cales son os efectos do alcol na mente e no corpo?
2. Que outras consecuencias pode ter percibir dun xeito alterado a realidade polo consumo de alcol e drogas?
3. Por que cres que hai xente que consume alcol? Cales son os seus motivos?
4. Como son as persoas que non consumen alcol e por que cres que non o consumen?
5. Por que hai xente que o consume a pesar de ter que conducir, pór en risco a súa vida e a dos demais?
6. Pódese pasar ben sen consumir drogas ou alcol?
7. O feito de consumilo implica que un sexa máis adulto ou mellor que os demais?
8. Pódese superar a timidez ou sentirse mellor de outros xeitos sen ter que recurrir a sustancias tóxicas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.