Pescadores en Sri Lanka por Steve McCurry. |
1. Despois de colocar os países no lugar que lle corresponde sinala no teu blog as súas capitais.
(Axuda: lista de países e capitais)
2. Realiza o seguinte xogo consistente en adivinar as capitais. Cando remates anota no teu blog os países e capitais que non acertaches.
3. Realiza os seguintes exercicios sobre a xeografía física de Asia e cando remates sinala, dos ríos mencionados, cales son os máis caudalosos, os picos máis altos e tres penínsulas. non esquezas sinalar en qué países se atopan e cales son as súas capitais.
4. As respostas ás seguintes cuestións están neste enlace: Di de que país se trata e sinala a capital:
- Ten problemas coa auga pero moitísimas terras de regadío, de feito exporta productos agrícolas como cítricos e remolacha e foron os inventores do rego por goteo. Unha das súas relixións é o xudaísmo:
- O centro de este país atópase entre os ríos Tigris e Éufrates, Mesopotamia, palabra de orixe grego que significa "entre ríos", e foi a cuna dunha das primeiras civilizacións:
- Ten zonas volcánicas de gran fertilidade para a agricultura e exporta petróleo:
- É un dos maiores exportadores de petróleo, a súa moneda é o dirham e o territorio é maioritariamente desértico, con escasos oasis e abundantes wadis:
- Viven do petróleo e importan a maioría dos produtos agrícolas pois só está cultivada o 3% da superficie do país:
- Ten parte do seu territorio en Asia e parte en Europa, é dicir, trátase dun país dividido entre dous continentes escasamente industrializado e de relixión maioritariamente islámica:
6. Averigua o país do que se fala en cada caso e sinala a súa capital buscando a información neste enlace:
- A súa moneda é o wong e séguese as ideas do filósofo Confucio. Actualmente vive unha época complicada dende o punto de vista político. Cal é a causa? Resposta.
- É unha illa que está case cuberta por bosques na que se practica o budismo chino pero perviven cultos indíxenas:
- Destaca o deserto de Gobi, a gandería extensiva e a súa moneda e o tugrik:
- Exporta moitas materias primas, está moi industrializado, son illas de orixe volcánica e a súa moneda é o yen:
Mulleres na India, de Steve Mccurry |
Máis enlaces
Vídeo sobre a Xeografía física de Asia e as súas consecuencias.
Lista cos accidentes xeográficos máis importantes de Asia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.