Actividade 1:
Traballas nunha ONG na que che encargaron un informe sobre a superpoboación no mundo e as súas consecuencias.
Responde ás seguintes preguntas no teu blog empregando o galego e coidando a corrección ortográfica. As respostas as podes buscar no seguinte enlace.
- Segundo o mapa ou o gráfico que está debaixo, cales son os cinco países máis poboados do Mundo?
- Que indicadores hai que ter en conta para observar se a poboación medra ou diminúe?
- Por que é importante a tasa de fecundidade?
- Que indica a tasa de mortalidade infantil?
- Como ten que ser a esperanza de vida nun país desenvolvido?
- Que é o crecemento vexetativo ou natural? Que indica cando é negativo?
- Que é e como se calcula a densidade de poboación?
- Cales son os factores que máis inflúen na concentración de poboación?
- Os lugares de menor densidade de poboación do mundo son...
- Expón a túa opinión sobre os seguintes feitos: Valorarase a coherencia na argumentación, é dicir, expresarse con corrección e sen contradiccións.
Dos 4.800 millóns de persoas que residen en países non desenvolvidos, case as tres quintas partes non posúen servizos básicos de saneamiento; case un non ten acceso a agua non contaminada; un cuarto no ten vivendas adecuadas; un quinto carece de acceso a servizos modernos de saúde. Un quinto dos nenos e nenas non chega ata o quinto curso na escola. Aproximadamente un quinto no dispón de suficientes aportes enerxéticos e proteínicos nas súas dietas.
Cando remates, corrixe as preguntas, conta o número de acertos e anótao no teu blog. Esa será a túa nota.
Actividade 2:
A ONG na que traballas vai crear un centro de axuda á poboación con poucos recursos nun país que aínda está por decidir.
Por este motivo, tes que realizar unha investigación e unha presentación (con Google Docs) sobre os países máis necesitados de axuda económica. Redacta en galego e coida a corrección ortográfica. Non esquezas insertar a presentación no blog:

1. Elixe cinco países, un por continente, sinala a capital e algunha imaxe que o ilustre (explica que é o que mostra a imaxe).
2. Busca información estatística sobre eles aquí. Selecciona os datos a partir dos cales se poida concluir se son países desenvolvidos ou non.
2. Establece as túas conclusións sobre o nivel de desenvolvemento e argumenta por que consideras cada país desenvolvido ou non e por tanto, necesitado de axuda.
Actividade 3:
Buscando información na presentación que se inclúe a continuación, elabora un informe para a ONG na que traballas que fale dos movementos de poboación en España posto que terás que dar unha charla para concienciar a un grupo de xenófobos:

- A onde emigraba e emigra a poboación española e por que?
- Consecuencias da emigración española interior e experior?
- De onde proceden os inmigrantes que veñen a España? Por que elixen España como destino? Axuda.
- Causas e consecuencias da chegada de inmigrantes do exterior?
- Por que penso que é positivo ou negativo que veñan persoas de fóra a traballar a España?
- Que opino sobre a xenofobia e o racismo? Coñezo algún caso concreto que podería contar?
Busca aquí as respostas: T8 4. Los Movimientos Migratorios from Mario Vicedo Boix
Cuestión interesante para rematar: De onde proveñen os nomes dos continentes? Cal te chama máis a atención e por que? Busca aquí a resposta.
Cuestión interesante para rematar: De onde proveñen os nomes dos continentes? Cal te chama máis a atención e por que? Busca aquí a resposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.