jueves, 24 de enero de 2013

A literatura da Idade Media en Galicia


Completa o seguinte texto no teu blog coa información obtida da presentación e dos diversos enlaces. Lembra empregar outra cor para escribir as túas respostas:

(Exame sobre a Idade Media para imprimir):

En Galicia e Portugal, durante os séculos XIII, XIV e XV, aínda imperaba o sistema feudal no cal a n______  posuía tódalas t________ que alugaba ós servos ou campesiños. Os nobres exercían un control p_______ e a Igrexa un control i__________ sobre os servos ou campesiñado. As clases privilexiadas cobraban foros ou impostos ós c__________ polo uso ou cultivo das terras e pola protección que lles prestaban no castelo cando a vila era atacada. 

No século X comeza no Norte da Península a Reconquista dos territorios dominados polos m______ que remata no século XV coa conquista de Granada. Os exércitos dos nobres foron os encargados da loita. Co avance da Reconquista a nobreza comeza a ter menos traballo e máis tempo de lecer polo que xa non se dedica tanto actividades guerreiras senón a cultivar diversas artes na corte como a poesía. O fluxo de persoas que trae o Camiño de Santiago trae unha nova moda de Francia que é un tipo de poesía que fala do amor c______.

As cantigas en galego-portugués máis antigas que se conservan datan do século ______ e eran recitadas e compostas polos t_______ que eran _______. Diferenciábanse dos xograres en que ______. Os músicos eran chamados m_______. As soldadeiras eran ______. 

As cantigas poden ser de tres tipos. As de Cantigas de amor diferéncianse das de amigo en que nas primeiras ______ mentres que nas segundas ______. O espazo no que se desenvolven as Cantigas de amigo adoita ser _____ mentres que as de amor ______.

Os temas que tratan as Cantigas de escarnio e maldicir son: _____. Outros xéneros menores son: a tenzó que consiste en ____, a pastorela que é ______, o pranto que trata de _____ e as albas ou alboradas que tratan de _____.

Un dos trobadores máis destacados é _______ (elixe un) autor da seguinte composición (busca unha das súas cantigas e pégaa no blog) que trata de ______.

Cando a nobreza galega é substituída pola castelá o uso escrito do galego entra en decadencia: comezan os chamados Séculos E_____. As causas da perda de poder da nobreza galega foron _______ . A miña opinión con respecto a isto é ______.

En definitiva, a literatura da Idade Media _____ (invento unha conclusión repetindo algunhas ideas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.