a.Que se di no vídeo sobre o Tsar de Rusia?
b.Que político faise co poder tras a renuncia do Tsar?
c.Que pasou en 1917?
Copia as seguintes preguntas no teu blog nunha nova entrada titulada "A Revolución Rusa (1917)". As respostas están na presentación engadida a continuación:
1. Por que pensas que a xente de Rusia estaba descontenta co tsar (en castelán é "zar", é o mesmo que un rei ou monarca absoluto)?
2. Fíxate no sistema económico que tiña Rusia a principios do século XX. Por que cres que a xente pasaba fame? Como se explica según ese sistema económico?
3. Como estaba organizada a sociedade en Rusia, é dicir, que clases sociais existían? Fíxate na caricatura da diapositiva 6 e explica a crítica que se está levando a cabo? Cal é a túa opinión sobre ese tipo de organización social? A que grupo te gustaría pertencer e por que?
4. Explica como era o sistema de goberno existente en Rusia na época do tsar? Compara este sistema de goberno co que temos actualmente en España.
5. Que pasaba coa xente que estaba en contra do goberno do tsar? Ocorre o mesmo en España na actualidade coa xente que está en contra do goberno?
6. Que ten que ver que todo o mundo accedese á universidade en Rusia (a partir de determinado momento) e o nacemento de grupos de opositores ó tsar (diapositiva 14)?
7. Cales son as causas da Revolución Rusa? Cal delas te parece máis importante ou te chama máis a atención?
8. Como afectou a participación na I Guerra Mundial a Rusia?
9. Que é un soviet?
10. Por que fracasou o goberno provisional establecido despois da abdicación do tsar?
11. Cal é a túa opinión sobre a Revolución Rusa e o comunismo? Busca un vídeo que fale deste tema, pégao no teu blog e explica de que trata.
Se rematas as preguntas anteriores ou non atopas algunha resposta podes empregar os seguintes enlaces:
Resumo do tema: audio e imaxes Interesante!!!
Axuda extra:
Rusia antes da revolución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.