Preguntas: busca aquí as respostas. Lembra que o exercicio ten que estar en galego por moito que os materiais estean en castelán. Que ten que ver a primeira imaxe coa II Guerra Mundial?
1. Que está sucedendo nesta imaxe e que ten que ver coa II Guerra Mundial? Poderás sabelo se pulsas aquí e entrando neste enlace onde atoparás máis imaxes.
2. Pero que é un gueto? Interpretando a información contida neste enlace poderás averigualo. Que ten que ver coa imaxe anterior?
3. Cal é a relación entre a IIGM e o Tratado de Versalles? E coa Crise/Crack do 29? Explicación 1. Explicación 2.
4. Alemaña, Italia e Xapón teñen unha política exterior expansionista. Concreta, en que sentido?
5. Que é un réxime totalitario? Que ten que ver coa foto anterior?
6. Alemaña e España tiveron certa relación? En que consistiu?
7. Que é a Shoa ou Holocausto e que ten que ver coa IIGM? Cal é a túa opinión ao respecto?
8. Enumera os países que invade Alemania? Cando decide EEUU entrar na guerra e en que bando? Que outro país se une ao bando aliado?
10. Quen gaña a guerra? Que pasa con Xapón?
Cando remates entra no blog dun/dunha compañeiro/a e compara as túas respostas coas del/dela. Ponlle unha nota en función das preguntas que contestou dun xeito correcto. Por cada erro na avaliación perderás un punto na túa nota. Ah! Por se non o notaches, isto é un exame.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario. No olvides poner tu nombre.